FUNCIÓNS
Os fins esenciais e fundamentais do COBGA (artigos 5º e 6º do Decreto 150/2008, do 3 de xullo) son:
· Ordenar e vixiar o exercicio da profesión de biólogo en todas as súas formas e especialidades.
· Representar en exclusiva os intereses xerais da profesión na comunidade autónoma de Galicia, así como defender os dereitos e intereses profesionais dos colexiados.
· Traballar pola promoción, salvagarda e observancia dos principios deontolóxicos e éticos da profesión de biólogo.
· Promocionar e fomentar o progreso da Bioloxía, o desenvolvemento científico e técnico da profesión, a solidariedade profesional e o servizo da profesión á sociedade.
· Velar por que a actividade profesional se adecúe aos intereses dos cidadáns.
· Colaborar cos poderes públicos na consecución dos dereitos individuais e colectivos recoñecidos pola Constitución.