Lembrámosche que as cotas colexiais dos colexios profesionais con colexiación obrigatoria, como é o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, son deducibles por lei, tanto se traballas por conta allea (artigo 10 do RD 439/2007 do Regulamento do IRPF) ou, por conta propia (artigo 28.1 da Lei 35/2006 do IRPF).
No primeiro caso, o importe total da cota debes poñelo na declaración de renda, en rendementos de traballo. Se traballas por conta propia, debes reflectir a cota como un gasto máis da actividade e debes incluíla xunto con outros conceptos fiscalmente deducibles.
Non é necesario presentar ningún certificado, salvo se solicítacho expresamente a Facenda Pública. Se queres descargarche este certificado, debes entrar na NOVA plataforma de xestión colexial E-Gestión
Aquí tes as instruccións
Video a Axencia Tributaria