Actividades profesionais
O artigo 17º do Decreto 150/2008 indica as funcións que poden desempeñar os biólogos na súa activ
idade profesional. Pódense sintetizar como segue:
1. Sector Ambiental
- Estudos e avaliacións de impacto ambiental.
- Xestión e conservación de espazos naturais, flora, fauna e biodiversidade.
- Control e depuración de augas residuais.
- Sistemas e auditorías de xestión ambiental (ISO, EMAS, etc.).
- Planificación e ordenación do territorio.
- Restauración do medio e da paisaxe. Reforestacións.
- Xestión da contaminación e dos residuos: industriais, agrícolas, sanitarios e urbanos.
- Asesoramento científico-técnico ambiental.
- Xestión ambiental industrial e ecoeficiencia.
- Estudos ecolóxicos e de biodiversidade.
- Limnoloxía.
- Servizos ambientais das administracións públicas.
- Axendas Urbanas Locais e Estratexias de Desenvolvemento.
- Prevención de riscos naturais e incendios forestais.
- Dinámica de poboacións, manexo e control de especies.
- Cambio climático: avaliación, mitigación e adaptación.
- Pegada de carbono: cálculo, redución e compensación de emisións.
- Planificación e xestión de infraestruturas verdes e azuis.
- Deseño sostible de parques, xardíns e espazos verdes urbanos.
- Economía circular e bioeconomía.
- Avaliación de servizos ecosistémicos e capital natural.
- Desenvolvemento de estratexias locais de sustentabilidade e adaptación climática.
- Redacción, seguimento e avaliación de proxectos ambientais.
2. Pesca, Acuicultura e Recursos Mariños
- Oceanografía e bioloxía mariña.
- Economía azul: aproveitamento sostible dos recursos mariños, marisqueo, biotecnoloxía azul, economía costeira e planificación litoral.
- Acuicultura mariña (especies pesqueiras e algas).
- Xestión pesqueira.
- Control dos produtos da pesca e da acuicultura.
- I+D pesqueira.
- Xestión de reservas mariñas.
3. Sanidade e Saúde Pública
- Tratamento de pragas e epizootías.
- Control sanitario e fitosanitario.
- Desratización, desinsectación e desinfección.
- Análise biolóxica de augas e alimentos.
- Análises clínicas e diagnóstico molecular.
- Nutrición e dietética.
- Toxicoloxía e avaliación de riscos.
- Bioseguridade e control de axentes biolóxicos patóxenos.
- Estudos demográficos e epidemiolóxicos.
- Reprodución humana e asesoramento xenético.
- Biotecnoloxía sanitaria, investigación biomédica, ensaios clínicos e I+D sanitaria.
- Desenvolvemento de vacinas e tratamentos de precisión.
- Saúde pública, saúde ambiental e enfoque “One Health”.
- Bioinformática e análise de datos.
- Desenvolvemento e avaliación de programas de saúde e prevención.
- Medicina xenómica e reprodución asistida
4. Produción, Calidade e desenvolvemento
- Control de calidade na industria.
- Produción agropecuaria convencional e ecolóxica.
- Biotecnoloxía industrial, agraria, mariña e ambiental.
- Produción forestal e restauración ambiental.
- Viticultura, enoloxía, apicultura, helicicultura e horticultura.
- Viveiros, xardinaría e paisaxismo sostible.
- Turismo rural, científico, ecolóxico e de natureza.
- Xestión cinexética e da pesca fluvial.
- Acuicultura de auga doce
- Promoción e desenvolvemento rural sostible.
- Cooperación e desenvolvemento internacional.
- Xestión sostible de recursos naturais e agroambientais.
- Economía circular: implantación, seguimento e avaliación en procesos produtivos.
- Pegada de carbono e pegada hídrica: cálculo e redución en producións e servizos.
- Ecodeseño, ecoinnovación e certificacións ambientais.
- Investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i).
- Bioeconomía e novos produtos de base biolóxica.
5. Formación e Docencia
- Ensino universitario, secundaria e formación profesional.
- Formación non regrada: ocupacional, escolas obradoiro, programas de emprego.
- Educación ambiental e para a sustentabilidade.
- Formación e divulgación dixital (e-learning, contidos multimedia e tecnoloxías educativas).
- Educación para o cambio climático e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
- Programas de formación continua para administracións, empresas e cidadanía.
- Comunicación e divulgación da ciencia.
6. Servizos e Consultoría
- Prevención de riscos laborais e saúde laboral.
- Bioloxía do lecer: zoolóxicos, museos, acuarios, xardíns botánicos, parques temáticos e centros de interpretación.
- Comportamento animal e etoloxía aplicada.
- Experimentación animal e benestar animal.
- Taxacións e peritaxes.
- Consultoría en sustentabilidade, responsabilidade social corporativa e ODS.
- Protección radiolóxica e seguridade biolóxica.
- Comunicación e divulgación científica e ambiental.
- Marketing técnico e comercialización de produtos farmacéuticos, alimentarios ou de laboratorio.
- Bioinformática, ciencia de datos biolóxicos, ambientais e xenómicos.
- Ciencia cidadá e participación social.
- Asesoramento en políticas ambientais, planificación estratéxica e participación pública.
- Elaboración de informes técnicos e proxectos de innovación en sustentabilidade.