FAQ
- Quen pode colexiarse no COBGA?
Os/as licenciados/as ou graduados/as en bioloxía, así como os/as titulados/as universitarios/as en Ciencias Naturais, Ciencias (Sección Biolóxicas), Ciencias Biolóxicas.
- Non teño certificado electrónico, podo colexiarme?
Si, pero terás que adxuntar o DNI (unha cara) coa solicitude.
- O meu título aínda non está no Rexistro Nacional de Títulos, podo colexiarme?
Si, pero terás que completar a túa solicitude enviando por correo postal copia do teu título ou certificado substitutorio compulsado por un notario (única e exclusivamente).
- Fai menos dun ano que me graduei, cal é a miña cota de inscrición?
15 euros.
- e se estou a facer un master e pasou mais dun ano?
Mantense o desconto sempre que a matriculación no máster se realice no mesmo ano de obtención do título e a colexiación se faga no ano natural de remate do master.
- Nestes momentos estou desempregado, hai unha cota reducida neste caso?
Si, 30 euros o semestre, demostrando esta condición co documento correspondente emitido pola Oficina de Emprego.
- Non son o titular da conta corrente de domiciliación, quen ten que asinar o documento de autorización?
O títular en todo caso.
- Estou a traballar e fai menos dun ano que me graduei, teño unha cota diferente?
Si, tes unha reducción do 50% durante dos semestres.
- Teño previsto trasladarme ao estranxeiro durante mais de 6 meses, que cota pago?
Tes unha reducción do 50% na cota colexial, mentres manteñas esta situación.