Por
COBGA
23 de octubre, 2026
General
164 visitas
Acto Membro de Honra Francis Mojica e conferencia
O pasado venres 23 de outubro, celebramos o acto institucional de entrega da distinción de Membro de Honra a D. Francisco Juan Martínez Mojica.
O Colexio recoñeceu unha traxectoria científica marcada pola curiosidade e a perseveranza, e a súa contribución decisiva ao coñecemento da microbioloxía moderna na súa Xunta Xeral do COBGA, celebrada o 29 de abril co nomeamento de Mojica como Membro de Honra.
Tras a entrega da distinción, Martínez Mojica impartiu a conferencia «Las bases de CRISPR: del descubrimiento biológico a la innovación», na que abordou a orixe dun dos achados científicos que transformaron a comprensión da bioloxía microbiana e abriron novas vías para a investigación.