Día do Biólogo/a 2026
Celebramos o Día do/a Biólogo/a no Hotel Louxo La Toja (A Toxa – O Grove) o pasado venres 15 de maio. Foi ocasión de encontro e de compartir experiencias e, especialmente, para recoñecer e agradecer o seu esforzo a aqueles colexiados e colexiadas que levan xa 25 anos no colexio. Este ano entregáronse tamén as seguintes distincións, mediante a convocatoria de propostas e votación aberta entre os seus colexiados/as:
• Bióloga do ano: Dª Mónica Fernández-Aceytuno
• Biólogo do ano: D. Jose M. C. Tubio
• Empresa do Ano: LONZA
• Institución do Ano: CRDOP Arzúa-Ulloa
• PEME do ano: Cooperativa Viña Costeira
• Startup do Ano: ODS Protein
E a proposta da Comisión de Comunicación do COBGA otorgouse o Premio de Comunicación a:
• D. Raúl Romar (La Voz de Galicia).
E na súa Xunta Xeral de 29 de abril a proposta da Xunta de Goberno aprobou o nomeamento como membro de honra (artigo XX dos estatutos) a:
• D. Francisco Juan Martínez Mojica