Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

Sociedades Profesionais

 

Os pasos que deben seguirse para a constitución dunha sociedade profesional son os seguintes:

 

 

Paso 1º: Solicitude de certificados de colexiación no Colexio de Biólogos. A certificación expedida polo Colexio acreditará a condición de colexiado do socio, cos seus datos identificativos, o seu número de colexiado, así como a súa habilitación actual para o exercicio da profesión (art.7b da Lei de Sociedades Profesionais - BOE nº 65, de 16/III/07, páx. 11.246).

 

Paso 2º: Formalización do contrato de sociedade profesional en escritura pública. O contrato de sociedade profesional ten que formalizarse sempre en escritura pública ante notario, (art. 7.1 LSP), mesmo as sociedades civís (art. 7.2). A escritura constitutiva recollerá as mencións, cumprirá os requisitos contemplados na normativa que regule a forma social adoptada e expresará:

 

a) A identificación dos outorgantes, expresando se son ou non socios profesionais.

-Son socios profesionais (art. 4.1):

*As persoas físicas que reúnan os requisitos esixidos para o exercicio da actividade profesional que constitúe o obxecto social e que a exerzan no seo dela.

*As sociedades profesionais debidamente inscritas nos respectivos colexios profesionais que participen noutra sociedade profesional.

-Non poderán ser socios profesionais as persoas nas que concorra causa de incompatibilidade para o exercicio da profesión e as que se encontren inhabilitadas (art. 4.4).

-Capital social: os socios profesionais terán que ter como mínimo:

*o 75% do capital e dos dereitos de voto (SL, SA...), ou

*o 75% do patrimonio e do número de socios (SCP, art. 4.2)

 

b) O Colexio Profesional ao que pertencen os outorgantes e as circunstancias colexiais recollidas na certificación indicada no paso 1º.  

c) A actividade ou actividades profesionais que constitúan o obxecto social.

-As sociedades profesionais só poderán ter por obxecto o exercicio en común de actividades profesionais (art. 2).

-As sociedades profesionais poderán exercer varias actividades profesionais, sempre que o seu desempeño non se teña declarado incompatible por norma de rango legal ou regulamentario (art. 3).

-Aos efectos da Lei de Sociedades Profesionais, é actividade profesional aquela que para o seu desempeño se requira titulación universitaria oficial e a inscrición no correspondente Colexio Profesional (art. 1).

 

d) A identificación das persoas que se encarguen inicialmente da administración e representación, expresando a condición de socio profesional ou non de cada unha delas (art. 4.3). Deben ser socios profesionais:

-Alomenos as ¾ partes dos membros dos órganos de administración, no seu caso, das sociedades profesionais.

-O administrador único ou os conselleiros delegados.

 

Paso 3º: Inscrición da sociedade no Rexistro Mercantil. A escritura pública de constitución deberá ser inscrita no Rexistro Mercantil. Coa inscrición a sociedade profesional adquirirá personalidade xurídica (art. 8).

 

Paso 4º: Inscrición da sociedade no Rexistro de Sociedades do Colexio de Biólogos que corresponda ao seu domicilio (art. 8.2). A inscrición da sociedade no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio de Biólogos deberá recoller:

-A denominación, razón social e enderezo da sociedade.

-Data, a recensión identificativa da escritura pública de constitución e o notario autorizante; ademais da duración da sociedade, se fose constituída por tempo determinado.

-A actividade ou actividades profesionais que constitúan o obxecto social.

-Identificación dos socios profesionais e non profesionais e, en relación cos profesionais, número de colexiado e Colexio Profesional ao que pertencen.

-Identificación das persoas que se encarguen da administración e representación, expresando a condición de socio profesional ou non de cada unha delas.

 

Paso 5º: Publicidade dos Rexistros a través de internet. A publicidade do contido da folla aberta a cada sociedade profesional no Rexistro Mercantil e no Rexistro de Sociedades Profesionais realizarase a través dun portal en internet, responsabilidade do Ministerio de Xustiza e da Xunta de Galicia. Para este fin o Colexio remitirá de xeito periódico a ambas Administracións as inscricións practicadas no seu Rexistro de Sociedades Profesionais (art. 8.5).

 

Paso 6º: Contratación dun seguro de responsabilidade civil. As sociedades profesionais deberán estipular un seguro que cobra a responsabilidade na que estas poidan incorrer no exercicio da actividade ou actividades que constitúen o obxecto social (art. 11.3).

 

*As sociedades constituídas con anterioridade á entrada en vigor da Lei (16 de xuño de 2007), e ás que lles fose aplicable segundo o disposto no seu artigo 1.1, deberán adaptarse ás previsións da Lei e solicitar a súa inscrición (ou a adaptación no seu caso) no Rexistro Mercantil, no prazo dun ano dende a entrada en vigor da Lei (antes do 16 de xuño de 2008). Tamén deberán solicitar a súa inscrición no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio, nun prazo máximo dun ano dende a súa constitución.